Rithy Pan gaña o premio ao mellor longametraxe documental con “O papel non pode envolver a brasa”

tui_-play-doc-premiados-playdocqueros.jpg 

:: “O Xastre” obtén o premio de curtametraxes e “Pic-nic” o de producións galegas ::

Rithy Pan, o director de “O papel non pode envolver a brasa” é o gañador na categoría de longametraxes de Play-Doc 2008. O xurado formado por Jaime Pena, Karolina Bendera, Jaime Nieves, Carlos Jerónimo e Marta Andreu  premiou este documental “por atopar  un lugar común para a mirada crítica e a construción fílmica, ao darnos a ver con solidez e empatía unha historia particular, enmarcada na historia dun pais” e engaden que o traballo de Rithy Pan nos lembra que “ a vida pode chegar a ser un teatro do real, belo e duro ao mesmo tempo”. O premio está dotado con 5 mil euros e o trofeo Play-Doc obra do escultor tudense Juan Vázquez.

Este documental recibe tamén o Premio Especial TVG, entregado polo director da canle autonómica, Jesús Iglesias, consistente na oferta de compra dos dereitos de emisión de “O papel non pode envolver a brasa”.

Nesta mesma categoría, longametraxes, o xurado concedeu unha mención especial a “Hotel 9 Estrelas” dirixido por Ido Haar “pola súa capacidade de amosar dende dentro, con vitalidade e sen concesións unha realidade a miúdo instrumentalizada”.

En curtametraxes o premio é para “O Xastre” de Oscar Pérez pola súa “contundencia fílmica” ao converter un pequeno taller “nun universo traxicómico, que nos fala das relacións de poder que nos unen e nos alonxan aos uns dos outros, evidenciando valiosamente a mirada que se constrúe entre quen filma e o filmado”. Recibe 2 mil euros e o trofeo Play-Doc.

O xurado quixo amais destacar a calidade das películas seleccionadas, que ofrecen todas elas “una mirada persoal, sensible e comprometida co mundo que habitan e representan”. Unha mirada da que din “é quen de converter a realidade en cine e o cine en formas do real”.

Mentres o premio ao Mellor Documental Galego recae en Eloy Enciso polo seu traballo “Pic-nic” segundo decidiu o xurado galego formado por Pepe Coira, Daniel Domínguez e Eduardo Galán. Destacan “o rigor na construción dun dispositivo cinematográfico que nos permite achegarnos a momentos de vida que, doutro xeito, a cámara non sería quen de atrapar”.  O premio está dotado con 2 mil euros e o trofeo Play-Doc.

As “Trapicheiras” de Diana Gonçalves, de Tui e Miguel Barbosa, de Allariz gaña a Maratón Play-Avid.doc

Diana Gonçalves, de Tui e Miguel Barbosa, de Allariz, son os gañadores, con rotundidade, da Maratón Play-Avid.doc, premio outorgado polo público do festival. Contan a historia das “trapicheiras” e o camiño que realizaban cruzando a fronteira. No seu curto documental buscaron “focalizar o papel das mulleres” xa que outros traballos sobre o contrabando céntranse sempre no papel dos homes. Como premio poderán converter o seu proxecto nun documental de longa duración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: