Mañá comeza unha nova edición de Play Doc

cabeceira-play-doc.jpg

 

O IV Festival Internacional de Documentais de Tui comeza este mércores día 12, e continuará até o domingo a última hora da tarde, ofrecendo un total de 24 proxeccións, tres concertos e outras actividades paralelas.

Sara García, co directora do festival explica que o evento “tivo un crecemento moi interesante” ao tempo que avanzou que nesta cuarta edición se inclúen apartados novidosos, así coma a presenza do realizador independente Lech Kowalski ou  a sección dedicada á Violencia da Xénero, coa que dicía “nos comprometemos coa realidade”. Sara García amosa tamén a satisfacción que teñen pola repercusión que festival está a ter, pola programación deste ano, e polo xurado integrado por profesionais internacionais de primeiro nivel. Os responsables de outorgar os premios, nos que se van repartir 9 mil euros, serán Marta Andreu da Universidade Pompeu Fraba de Barcelona, Jaime Nieves, coordenado re programador do Festival Internacional Black&White, Jaime Pena, membro do comité de redacción de Cahiers du Cinéma-España, Karolina Bendera, realizadora polaca independente cunha estreita vinculación á TV pública, e Carlos Jerónimo, produtor executivo de programas culturais en TVE. Xunto a eles están os galegos Daniel Domínguez, Eduardo Galán Blanco e Pepe Coira, que repiten presenza no xurado de Play-Doc.

 Sara García resaltou tamén a presenza no Festival de seis documentais galegas, catro que optan a concurso na sección de producións ou co-producións galegas coma son Pic-Nic de Eloy Enciso, Radio La Colifata de Carlos Larrondo, Memoria de Camposancos de Jose Ballesta e Miguel Anxo Fernández e Destino á festa de Jorge Algora. Fóra de concurso están as Que pareza un accidente de Mikel Clemente sobre os 25 anos de Siniestro Total e Nacional VI de Pela del Álamo.

 Ángel Sánchez, director tamén de Play-Doc, explicou que “o Festival deu un paso adiante apostando por un cine cada vez máis independente” e engadía que “entendemos que o público do Festival cada vez estase a facer máis especialista, o que nos agrada”. Este feito manifestaba que “da valor a programar certo de tipo de películas que no primeiro festival non nos atreviamos coma o caso de Lech Kowalski”.

 Quixo deixar constancia do compromiso que Play-Doc segue mantendo cos novos realizadores tanto ao través de Play-Avid Doc, coma coa produción de “Nacional VI” de Pela del Álamos co que sinalaba “Play-Doc está máis aló de mostrar cine e está involucrándose en xerar cine”.

 Por outra parte Ángel Sánchez resaltaba “o aspecto cultural, turístico e de internacionalización de Tui e de Galicia ao través de Play-Doc” que vai máis aló de ser un festival pechado de cine, senón que “nos traslada a outras propostas artísticas, coma os concertos, que teñen unha estreita relación cos documentais que se proxectan, o que dicía “converte ao Festival nun todo con senso”.

 Os directores do Festival quixeron deixar constancia do seu agradecemento a todos os que apoian o Festival dende as institucións coma o Concello de Tui, a Consellería de Cultura e a Consellería de Presidencia e entidades coma a Fundación Caixa Galicia.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: