Aparece en Salvaterra o busto de Calvo Sotelo

tui_calvo-sotelo.jpg

:: Roubado  no mes de decembro da Casa Consistorial de Tui, foi atopado por un mozo portugués baixo a Ponte Internacional :: 

María Díaz/ BAIXO MIÑO
Paulo Rui Fernández estranouse enormemente cando, mentres pescaba na súa barca sobre o río Miño, víu no fondo unha cara de pedra mirando cara el. Parece que é, aínda que non está confirmado, o busto de Calvo Sotelo coas marcas do seu secuestro marcadas a rebarbadora.

Dous meses tardou en aparecer este obxecto, gardado durante anos no concello de Tui e roubado o pasado  20 de novembro por dous activistas do grupo Nós- UP.

Aínda que no comunicado, con vídeo do  roubo incluído, Nós-UP aseguraba que  o busto fora levado a unha fundición logo de despezalo, parece que non queda dúbida- para mostra a foto- de que, en realidade, o que intentaron foi “afogalo”. Non con moito éxito, xa que un pescador portugués o atopou o pasado sábado de Entroido mentres navegaba coa súa barca polo río, que apenas contaba cun metro de auga. “Estaba máis ben do lado español”, asegura Paulo Rui mentres explica a A Peneira do Baixo Miño que ese mesmo día a recolleu do Miño, a meteu na súa embarcación e a levou aos concellos das dúas beiras do río, por se pertencía a algún deles. Ao non ser así acudiu á Policía Local, pero tampouco averiguaron de quen era.

“Logo de case dúas semanas de tela na miña casa, farteime de vela aí, así que decidín levala ao cuartel da Guarda Civil”, explica Rui.

Tampouco na Guarda Civil conseguiron saber a onde pertencía este busto. De feito ao peche desta edición aínda non está confirmado que realmente pertenza ao concello de Tui, a pesar de que as evidencias están á vista. A Guarda Civil de Salvaterra, coa sospeita xa de que poidera pertencer ao concello de Tui, puxo “a cabeza” en mans da Policía Xudicial, que se encargará de comparala coa roubada en Tui.

Volverá ao seu pedestal
Antonio Fernández Rocha, alcalde de Tui, foi avisado por este xornal do posible encontro do busto perdido e asegura que, de confirmarse a súa pertenza, “o busto volverá ao seu pedestal na casa do concello, ao mesmo lugar onde estaba antes”. Respecto as marcas da rebarbadora, Rocha intentará que a imaxe sea restaurada, “sempre e cando non quede peor”.

Un roubo mediático
O roubo da cabeza de Calvo Sotelo do Concello de Tui no mes de novembro foi, sobre todo, un roubo mediático, porque os seus autores, que entraran no concello pola porta principal, se encargaron de difundilo a través de Internet. Armados tan só cunha mochila de grandes dimensións, dous mozos entraron na casa consistorial, meteron o busto na mochila, e sairon como se tal cousa. Víase tamén na gravación como os dous individuos trataban de despezar a imaxe cunha rebarbadora. Ao final parece que tan só quedou en destrozos.

Este acontecemento puxo en evidencia a falta de medidas de seguridade que sufría o concello de Tui. Unhas medidas de seguridade que foron tomadas a raiz deste feito: agora o concello soamente está aberto en horario de anteción ao público, que debe acceder ao edificio pola porta lateral, ao carón da comisaría da Policía Nacional. Por precaución cambiáronse as pechaduras das portas e se limitou a posesión de copias de chaves a tan só uns poucos funcionarios. Unhas medidas que lles pareceu ao grupo independentista “absurdas e ridículas”, pero, con elas Rocha agarda que, se o busto volve ao seu lugar, non volva a desaparecer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: