Educación inviste máis de 1,1 millóns de euros na ampliación do CEIP de Tebra

tomino_colexio-tebra.jpg 

::  A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria inaugurou oficialmente  as obras de ampliación e reforma executadas pola Administración educativa ::

 A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, inaugurou as obras de ampliación e reforma do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Tebra, de Tomiño, nas que a Administración educativa investiu un total de 1.108.416 euros. Estas actuacións realizáronse co obxectivo de mellorar o acondicionamento do centro, e consistiron na ampliación do acceso principal do recinto, a eliminación de chanzos e diferenzas de cotas mediante a suba do terreo e colocación de ramplas de acceso, acondicionamento de zonas de xogos e do peche metálico do recinto. A superficie útil total resultante destas obras ascende aos 1.353 metros cadrados. Ademais, realizáronse distintas obras de reforma e mellora nos tres edificios. Deste xeito, ampliouse a zona de administración e dirección, creouse unha sala de ordenadores independente, acondicionáronse as aulas, melloráronse os espazos comúns e substituíronse carpinterías, cubertas e chans.

Así, tras esta actuación, a distribución do centro queda do seguinte xeito: no edificio A, sitúanse a dirección, secretaría, arquivo, sala de profesores, 7 aulas, aseos, cuarto de limpeza e aula de informática; no edificio B, a biblioteca, taller polivalente e usos múltiples, aseos e cuarto de instalacións; e no edificio C, 3 aulas de infantil, almacéns e aseos.

Durante a inauguración oficial das obras, a conselleira de Educación referiuse ás políticas educativas que desenvolve o seu departamento, destacando o impulso ás novas tecnoloxías e á aprendizaxe de linguas estranxeiras, cun programa de bolsas para estudar idiomas en verán fóra da Comunidade e o fomento do ensino de idiomas desde idades temperás.

No CEIP de Tebra cursan estudos 112 alumnos e alumnas. Este centro conta co programa de anticipación da primeira lingua estranxeira en educación infantil. En canto ao equipamento informático, a Administración educativa ten previsto dotar proximamente a este centro de 2 ordenadores de sobremesa, 1 portátil e 1 monitor, polo que pasaría a dispoñer de 26 equipos.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: