O Concello de Tomiño informa aos veciños sobre a concentración parcelaria

tomino_concentracion-parcelaria.jpg 

:: Falarase sobre os traballos de acondicionamento das fincas en Estás, Figueiró e Goián ::

Hoxe, día 12 de febreiro , o Concello de Tomiño convoca tres reuniones cos veciños/as das parroquias de Estás, Figueiró e Goián afectados polo proceso de concentración parcelaria.
Ás reunións, previstas para as 19 horas en Estás, 20 horas en Figueiró, e 21 horas en Goián, asistirán a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, outros representantes municipais e un membro da empresa que acondicionará as fincas.

O propósito das reunións é informar aos veciños/as sobre qué clase de acondicionamento e reformas poden solicitar para as súas fincas. Con este fin se entregará aos interesados/as un impreso no que constan os diferentes tipos de traballos que se poden solicitar en relación aos seus predios, como poden ser, por exemplo, ramplas de entrada, eliminación ou retirada de muros, desbroce de fincas de labradío, desvío de presas de rego, recheo de corredoiras, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: