O BNG considera inxustificable que o Goberno de Tui non teña presentado uns novos Orzamentos Xerais para o ano 2008

O grupo local do BNG en Tui lamenta a situación de parálise que vive o noso Concello e que se puxo de manifesto na derradeira Sesión do Pleno da Corporación en relación a non presentación dos Orzamentos para o ano 2008. Esta situación supuxo a prórroga dos orzamentos de 2007, “case as agachadas, sen sequera dar conta de xeito expreso e explícito desta “renovación” nun punto da orde do día aos concelleiros e concelleiras da oposición”, denuncian os nacionalistas.

 “A non presentación dos Orzamentos para o ano 2008 é un feito moi grave polas negativas consecuencias que carrexa para toda a sociedade, pois non é posible analizar e discutir o proxecto de Concello que queremos: as axudas ás entidades deportivas, ás asociacións culturais, como tampouco as obras e investimentos, etc” , aseguran.

 O Alcalde escusou a non presentación dos Orzamentos Xerais no seu momento, antes do 31 de Decembro do 2007, argumentando que estaba á espera da presentación da RPT (Relación de Postos de Traballo) que se está a negociar cos Sindicatos e que elaborou a Universidade de Santiago. Esta desculpa non xustifica que non se presenten orzamentos para o ano 2008, pois cunha emenda posterior poderíase ter solucionado calquera puntualización relativa á RPT, explican dende o BNG. “O motivo real debe ser outro, quizais o temor a que se poidan discutir en Pleno as dedicacións exclusivas e parciais das que disfrutan os membros da equipa de goberno, máxime cando o Partido popular non ten a  maioría absoluta do Pleno como ate o de agora”.

” Por iso denunciamos esta situación de deixadez e parálise á que nos somete o Partido Popular, amparándose en escusas e que afectan a toda a cidadanía. O Orzamento pódese presentar e aprobar e posteriormente debatir a súa adecuación á RPT, que ademais leva moito tempo sen facerse”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: