A adega do Rosal Terras Gauda desenvolve un proxecto de I+D+i para potenciar a singularidade dos seus viños

gauda1.jpg

O obxectivo final é marcar aínda máis as características que o fan singular

A adega do Rosal (Pontevedra) Terras Gauda presentou un novo proxecto de I+D+i para potenciar a singularidade e a caracterización dos seus viños. Co obxectivo de continuar a liña do estudo de selección clonal de uva Albariño e o de fermentos ecotípicos, a adega abre novas vías de investigación cun proxecto de maceración das tres variedades de uva que produce: Albariño, Loureiro e Caíño Branco. A firma vitivinícola realizou estudos previos macerando as tres variedades de uva durante un tempo e a unhas temperaturas consideradas idóneas.

A adega informou nun comunicado que nesta vendima analizaranse os mostos e viños obtidos nas microvinificacións, o que servirá para definir o próximo ano o número de ensaios de temperatura e tempo a realizar con volumes reais. O obxectivo final é saber se, mantendo a liña do Terras Gauda, se poden marcar aínda máis as características que o fan singular, optimizando o recurso da maceración en variedades aromáticas.

Este proxecto de I+D+i ampliará os resultados obtidos co estudo de selección clonal de uva Albariño e co de selección de fermentos ecotípicos. As conclusións deste último proxecto son que, logo de 3 anos de traballo, un dos catro fermentos illados é a que reúne o perfil idóneo de fermentación completa e de resultado aromático respecto de lograr maior singularidade nos viños. O fermento seleccionado utilizarase nesta vendima para comprobar a súa resposta en fermentacións a escala real.

Unha forte expansión nacional e internacional

A nova aposta polo I+D+i de Adegas Terras Gauda coincide coa súa expansión en mercados nacionais e internacionais, logrando un crecemento do 18% das súas vendas no 2006, exercicio no que alcanzou unha cifra de negocio de 7,6 millóns de euros.

1,5 millóns de botellas comercializadas

A adega do Rosal, que comercializa 1,5 millóns de botellas da colleita do 2006 dos seus viños Terras Gauda, Terras Gauda etiqueta negra e Abadía de San Campio, consolidouse nos últimos meses nos seus principais mercados no exterior: Estados Unidos, Noruega, Suíza, Reino Unido e México e ampliou a súa presenza no estranxeiro coa captación de 9 mercados novos no Sudeste Asiático, Latinoamérica e Europa.

En canto ao territorio nacional, supón un 30% do total das vendas para a adega do Rosal, que está presente en toda a xeografía española.

Adegas Pittacum (O Bierzo), que desde o 2002 forma parte de Adegas Terras Gauda, segue a mesma liña de resultados positivos que a adega do Rosal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: