Cambiamos de dirección esta páxina pasa a estar ubicada no seguinte enderezo
O Concello de Tomiño organiza catro visitas nocturnas aos petroglifos do monte Tetón
23 - Xullo - 2009·:·:·: O percorrido será guiado por expertos do Instituto de Estudos Miñoranos :·:·:·
O Departamento de Turismo do Concello de Tomiño organiza unha serie de visitas nocturnas aos petroglifos do Monte Tetón, que terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto.
Continuando coa liña de visitas ao Ecoparque do Monte Tetón iniciada o pasado curso cos escolares da vila, o Concello quere agora facer extensiva a invitación á veciñanza en xeral así como aos turistas que visiten Tomiño durante a tempada estival.
“Aquele querido mês de Agosto” e “A miña vida nas tuas mans” triunfadoras do Filminho 2009
20 - Xullo - 2009·:·:·: Aquele Querido Mês de Agosto, filme de Miguel Gomes, e A miña vida nas túas mans, animación de Nuno Beato, comparten o Grande Premio Filminho :·:·:·
Diana Gonçalves, con Mulleres da Raia, leva o Premio Cinema Minhoto
De porta en porta foi o proxecto seleccionado no Fórum de Criadores para recibir unha achega económica para a súa realización
Ruínas, de Manuel Mozos, Mención de Honra do Tribunal
O Filminho 2009 pechou no Auditorio de Goián (Tomiño) a súa segunda edición coa Gala na que se deron a coñecer os gañadores.
O xurado formado por António Victorino de Medeiros e Almeida, Manuel González, Paulo Manuel Ferreira da Cunha, Antonio Caeiro e Patrick Esteves decidíu entregar dúas fisgas, o galardón do Festival, de “Grande Premio Filminho”. As galardonadas con esta máxima distinción son a longametraxe de Miguel Gomes Aquele Querido Mês de Agosto e a curta de animación A miña vida nas túas mans, de Nuno Beato.
Tamén existía expectación por coñecer quen se levaría a fisga do Grande Premio Minhoto, que recaíu na tudense Diana Gonçalves polo seu documental Mulleres da Raia.
No Fórum dos Criadores, o proxecto seleccionado cunha achega de 2.000 euros de axuda para á súa realización foi De porta en porta, de Lino Fernández, Celso Iglesias e Lisi Fontaiña.
Campaña de detección de fraude nas conexións de saneamento en Tomiño
14 - Xullo - 2009A partir do 15 de Xullo, técnicos de Aqualia pasarán a inspeccionar os domicilios
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño inicia a partir do día 15 de xullo unha campaña de detección de conexións de saneamento ilegais. A campaña desenvolveraa persoal da empresa “Aqualia”, que a partir de mañá visitará debidamente identificado, os domicilios do termo municipal, e que en ningún caso cobrará pola súa visita.
Os técnicos comprobarán as altas existentes no servizo de saneamento, e no seu defecto, os posibles fraudes que puideran existir. No caso de detectarse conexións ilegais, o Concello non procederá á imposición de multas, pero esixirá a inmediata tramitación da alta no servizo.
Segundo informa Santiago Vergara, concelleiro de Medio Ambiente, con esta campaña “preténdese actualizar o Padrón de contribuíntes, e que toda a veciñanza aporte a parte que lle corresponde polos servizos municipais que utiliza”.
A necesidade de levar a cabo estas medidas, xurdiu do feito de que hai zonas do municipio onde se fixo o saneamento hai moito tempo, sen realizar logo un seguimento axeitado das conexións.
O primeiro lugar onde se desenvolverá a campaña é Figueiró, seguíndolle logo A Gándara e O Seixo.
o Concello de Tomiño organiza un curso de Manipulador de Alimentos
14 - Xullo - 2009Os interesados/as deben inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local
O Concello de Tomiño organiza un curso de Manipulador de Alimentos, que terá lugar o vindeiro 22 de xullo, de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura.
Os interesados e interesadas poden apuntarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, ou chamar ao teléfono 986 62 20 01/03.
Caixanova ofrece crédito gratuíto aos clientes dos comerciantes e industriais de Tomiño
13 - Xullo - 2009·:·: A caixa de aforros asinou un convenio coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño que pon a disposición dos clientes das empresas asociadas a Tarxeta Comercio e o crédito telefónico Crediventa :·:·
·:·: O persoal das empresas asociadas a Adeto disporá de vantaxes sociais á hora de contratar plans de pensións e seguros coa entidade financeira :·:·
O presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño (Adeto), Fernando Martínez Fernández, e o director de Zona Val Miñor-Baixo Miño de Caixanova, Lino Álvarez González, renovaron a súa colaboración coa sinatura de cadansúa convenios, un de carácter financeiro e outro de apoio aos sectores produtivos, que melloran as condicións que se viñan ofrecendo aos asociados. Así mesmo, incluíronse ofertas especiais para o persoal de empresas asociadas a Adeto.
Alfombras florais en Goián para festexar o Corpus Christi
10 - Xuño - 2009
Os veciños Goián por segundo ano consecutivo van realizar da noite do sábado 13 o domingo 14 un extenso percorrido de Alfombras florais, esta inciativa parte dun grupo de veciños que logrou poñer unha inciativa e idea en común vendose involucrada toda a vila de Goián, donde levan traballando dende vai semanas, recollendo todo tipo de verdes, flores e materiais. Este ano pretenden que o percorrido sexa maior, e todo gracias a participación incondicional da xente. Este grupo de persoas, que se faen denomimar “Os Alfombreiros” queren agradecer publicamente a todalas persoas que de un xeito ou outro están facendo posible que este proxecto se leve a bo fin.
A policía local de Tomiño amplía a súa dotación de persoal
5 - Xuño - 2009
Os novos axentes xunto á alcaldesa e á concelleira de Seguridade.
:·:·: Dous dos novos axentes entraron de forma permanente e outros tantos coma auxiliares temporais :·:·:
Catro novos axentes sumáronse esta semana ao cadro de persoal da Policía Local de Tomiño, co que o número de efectivos practicamente duplicouse, pasando de cinco a nove. Dous dos novos policías incorporáronse de forma permanente, despois de superar os correspondentes procesos de oposición, mentres que os outros dous o fixeron coma auxiliares temporais, coa finalidade de reforzar o servizo durante o verán e cubrir as vacacións do persoal fixo. Ler o resto desta entrada »
Inaugurouse, na Praza do Seixo, a exposición “Gran De Area”
4 - Xuño - 2009:·:·:·: A exposición de arquitectura “gran de area” permanecerá en Tomiño ata o día 16 de xuño na praza do concello :·:·:·:
O pasado mércores 3 de xuño, ás 20:30 horas, inaugurouse na Praza do Seixo a prestixiosa exposición “Gran De Area”, organizada polo Colexio Oficial de Arquitecto de Galicia, e que recolle obras premiadas polo COAG.
Pozo despois, no Salón de Plenos do Concello, celebrouse unha conferencia sobre a arquitectura feita en Tomiño, coa intervención dos arquitectos Gerardo De Villanueva e Francisco Javier Vázquez, autores dunha vivenda unifamiliar situada en Tomiño, que foi Premio Gran De Area o ano pasado. Asemade, estiveron presentes os arquitectos Carlos Álvarez e Juan Roberto Rodiño, autores do proxecto de restauración da escola “Unión do Porvenir”, que está a desenvolver na actualidade o Concello de Tomiño. Ambos proxectos premiados foron presentados ao público de forma pormenorizada, con fotos e planos explicativos.
:·:·:·: A mostra inclúe dúas edificacións situadas no municipio tomiñés e os seus autores estiveron presentes na conferencia inaugural :·:·:·:
Á conferencia asistiron máis de trinta persoas e autoridades locais e da comarca do Baixo Miño e Portugal, como o director da escola de arquitectura “Galaequia”, de Vilanova de Cerveira, Rui Correia.
Lugar: Praza do Seixo/Salón de Plenos
Data: 3 a 16 de xuño de 2009
Hora: todo o día

Publicado por apeneiradobaixominho
Publicado por apeneiradobaixominho
Publicado por apeneiradobaixominho 