24 - Xuño - 2009
:·:·:·:· A caixa de aforros asinou un convenio coa Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios que ofrece financiamento gratuíta aos clientes das empresas asociadas, con pagamentos fraccionados de ata doce meses ·:·:·:·:
Caixanova aplicará unhas condicións financeiras especiais ao colectivo de comerciantes e empresarios de O Baixo Miño, así como liñas de crédito gratuítas para os seus clientes mediante a utilización das Tarxetas Comercio e crédito telefónico Crediventa. Estas condicións recóllense no convenio de colaboración financeira subscrito entre o presidente da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (Abaco), Ángel Luis Baz Vicente, e o director de Zona Miñor-Baixo Miño de Caixanova, Lino Álvarez González.
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
A Guarda, Baixo Miño | Tagged: A Guarda, Abaco, Baixo Miño, Caixanova |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
23 - Xuño - 2009
·:·:·: 45 mulleres do grupo de estimulación de memoria da Cruz Vermella no Baixo Miño finalizan o taller cunha entrega de diplomas o próximo 30 de Xuño ás 16:30 no centro Cultural da Guarda :·:·:·
Desde o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella do Baixo Miño desenvolven un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos. Desde entón, son máis de 60 as persoas que participaron nestes talleres cun alto nivel de satisfacción, tanto por parte d@s usuari@s como por parte do equipo de voluntarios que desenvolven a actividade no clube de xubilados e pensionistas da Guarda.
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
A Guarda, Baixo Miño | Tagged: A Guarda, Baixo Miño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
22 - Xuño - 2009
:·:·:·:· Celebrarase na Igrexa de San Domingos coa participación de Yolanda Castaño, Eva Veiga e Marga do Val e a colaboración do músico Tomás Camacho ·:·:·:·:
A cidade de Tui conmemorará o vindeiro mércores 24 de xuño o CXVIII aniversario da celebración dos Xogos Florais de Galicia cun recital poético que reunirá na Igrexa de San Domingos a partires das 20,30 horas ás poetas Yolanda Castaño, Eva Veiga e Marga do Val, coa colaboración do músico Tomás Camacho, nunha actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui ao abeiro do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Este festival poético rememora a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado integramente na nosa lingua, e que organizados pola Asemblea Rexionalista Galega premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador sinalando que o principal obxectivo era “o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia”.
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
Tui | Tagged: Tui, Xogos Florais |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
5 - Xuño - 2009

Os novos axentes xunto á alcaldesa e á concelleira de Seguridade.
:·:·: Dous dos novos axentes entraron de forma permanente e outros tantos coma auxiliares temporais :·:·:
Catro novos axentes sumáronse esta semana ao cadro de persoal da Policía Local de Tomiño, co que o número de efectivos practicamente duplicouse, pasando de cinco a nove. Dous dos novos policías incorporáronse de forma permanente, despois de superar os correspondentes procesos de oposición, mentres que os outros dous o fixeron coma auxiliares temporais, coa finalidade de reforzar o servizo durante o verán e cubrir as vacacións do persoal fixo. Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
Tomiño | Tagged: policia, sandra, Tomiño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
4 - Xuño - 2009
:·:·: A concellería agradece a colaboración do Santuario San Campio de Lonxe :·:·:
A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que preside o tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, vén de presentar a súa programación cultural para este mes de xuño, na que o prato forte residirá nas actuacións das corais polifónicas, no marco do Santuario de San Campio de Lonxe, en Figueiró.
Deste xeito, todos os domingos de xuño, a partir das cinco e media da tarde, tras rematar a misa do peregrino, terán lugar, na Igrexa do Santuario de San Campio, actuacións:
-O día 7 abrirá a quenda a propia «Coral Polifónica de Tomiño».
-O día 14 actuará o coro «O Noso Lar», de Vilagarcía.
-O día 21 tocaralle a vez á «Camerata Ad Libitum».
-E o día 28 pechará o ciclo o «Coro Clásico de Vigo».
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
Tomiño | Tagged: Camerata Ad Libitum, Coral Polifónica de Tomiño, Coro Clásico de Vigo, O Noso Lar, sons do románico, Tomiño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
4 - Xuño - 2009
:·:·:·: A exposición de arquitectura “gran de area” permanecerá en Tomiño ata o día 16 de xuño na praza do concello :·:·:·:
O pasado mércores 3 de xuño, ás 20:30 horas, inaugurouse na Praza do Seixo a prestixiosa exposición “Gran De Area”, organizada polo Colexio Oficial de Arquitecto de Galicia, e que recolle obras premiadas polo COAG.
Pozo despois, no Salón de Plenos do Concello, celebrouse unha conferencia sobre a arquitectura feita en Tomiño, coa intervención dos arquitectos Gerardo De Villanueva e Francisco Javier Vázquez, autores dunha vivenda unifamiliar situada en Tomiño, que foi Premio Gran De Area o ano pasado. Asemade, estiveron presentes os arquitectos Carlos Álvarez e Juan Roberto Rodiño, autores do proxecto de restauración da escola “Unión do Porvenir”, que está a desenvolver na actualidade o Concello de Tomiño. Ambos proxectos premiados foron presentados ao público de forma pormenorizada, con fotos e planos explicativos.
:·:·:·: A mostra inclúe dúas edificacións situadas no municipio tomiñés e os seus autores estiveron presentes na conferencia inaugural :·:·:·:
Á conferencia asistiron máis de trinta persoas e autoridades locais e da comarca do Baixo Miño e Portugal, como o director da escola de arquitectura “Galaequia”, de Vilanova de Cerveira, Rui Correia.
Lugar: Praza do Seixo/Salón de Plenos
Data: 3 a 16 de xuño de 2009
Hora: todo o día
Deixa un comentario » |
Tomiño | Tagged: gran de area, Tomiño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho