27 - Abril - 2009
Para o vindeiro mes de maio, a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, ten programados os seguintes actos culturais:
- Día 2: Actuación do grupo de acordeóns Mascarenhas ás 21:30h. no Auditorio de Goián.
- Día 3: Concerto de música clásica na igrexa de Sta. Mª de Tomiño ás 12:00h.
- Día 9 e 10: Festa do Kiwi en Tomiño.
- Día 17: Celebración do Día das Letras Galegas coa seguinte programación:
Feira do libro con descontos dun 20%
11:00h. Actuación do grupo de pandereteiras de Ultreia.
12:00h. Actuación da Agrupación Musical de Goián Entrega de premios do Certame de Contos e Lendas Ramón Piñeiro
20:00h. Presentación do libro de Contos e Lendas de Tomiño no Auditorio de Goián
20:15h. Concerto da Camerata Viguesa no Auditorio de Goián
- Día 23: Actuación da Escola de Baile Bambalina ás 21:30h. no Auditorio de Goián
- Día 30: Actuación do mago Cayetano Lledó ás 21:30h. no Auditorio de Goián
Deixa un comentario » |
Tomiño | Tagged: Cultura, Tomiño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
27 - Abril - 2009
::: A VI MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO REÚNIU A PASADA FIN DE SEMANA UNHA TRINTENA DE VIVEIROS, PRODUTORES DE HORTA E EMPRESAS AUXILIARES DO CAMPO :::
O 25 deste mes, no pavillón Municipal de Goián (Tomiño), foi inaugurada a VI Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada polo Concello de Tomiño conxuntamente cos Produtores do Baixo Miño e co patrocinio de Fibanc Mediolanum. O acto contóu coa presenza dos alcaldes da comarca, membros da corporación municipal e autras autoridades da zona.
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
Baixo Miño, Tomiño | Tagged: Baixo Miño, Mostra de Cultivos do Baixo Miño, Tomiño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
22 - Abril - 2009
Na páxina web da Consellería de Traballo, aparecen como concedidos 3 CURSOS PARA DESEMPREGADOS a impartir polo Concello de Tui:
TÓDALAS PERSOAS INTERESADAS PODENSE INSCRIBIR Á MAIOR BREVIDADE NA OFICINA DE EMPREGO DE TUI
CARPINTEIRO, 820 horas
FONTANEIRO, 790 horas
ELECTRICISTA DE MANTEMENTO, 750 horas
-No cursos de carpinteiro e fontaneiro non esixen formación nin titulación
-No curso de electricista de mantemento esixen ter graduado escolar ou similar con 2 anos de experiencia, ou fp1 electricidade con 1 ano de experiencia, ou ter algunha formación ocupacional en electricidade
Deixa un comentario » |
Tui | Tagged: Formación, Traballo, Tui |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
21 - Abril - 2009
:::Ampliarase o número de unidades e substituiranse as que estean deterioradas tanto nos núcleos urbanos do Seixo e Goián, coma nas parroquias:::

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que preside o socialista Santiago Vergara, está a renovar e ampliar a dotación de colectores de papel-cartón, nos núcleos urbanos do Seixo e Goián, con especial atención ás zonas que dispoñan de poucas unidades ou onde estas se atopen moi deterioradas.
Nestas semanas, vai procederse deste xeito, á instalación de 32 novas unidades de carga lateral, o que vai permitir optimizar a recollida.
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
Tomiño | Tagged: Medio Ambiente, reciclaxe, Tomiño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
20 - Abril - 2009
A POLICÍA DE TOMIÑO CAMBIA AS SÚAS INSTALACIÓNS POR OUTRAS MÁIS MODERNAS E CON MELLORES CONDICIÓNS DE SEGURIDADE
O novo local, dotado con cámaras de vixilancia, sensores de movemento e outras medidas de seguridade, está situada na parte traseira do antigo centro de saúde

As Policía Local de Tomiño ven de cambiar as súas oficinas, ate o de agora situadas na planta baixa do Concello, por outras máis modernas, amplas e dotadas con todas as medidas de seguridade, que se atopan na parte traseira do edificio do antigo centro de saúde, no barrio de A Rocha.
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
Tomiño | Tagged: Policia Local, Tomiño |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
20 - Abril - 2009
A Asociación ‘ábaco’ e a Academia Informática San Benito, organizan un Curso gratuíto de Comercio electrónico e Protección de datos, para autónomos e desempregados. Este curso impartiráse durante un mes e terá unha duración de 25 horas repartidas no seguinte horario: os luns e mércores de 20:30 a 23:00. O Curso comezará o vindeiro luns 27 de abril de 2009 e rematará o 27 de Maio.
::: Decidiuse cambiar as datas do curso quedando para comenzar o día Luns 4 de Maio e finalizar o 3 de Xuño, perdoade as molestias que vos poda ocasionar :::
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
Baixo Miño | Tagged: Baixo Miño, Cursos |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
14 - Abril - 2009
O pasado día 28 celebrouse, por primeira vez, a conmemoración da Reconquista de Vigo, no concello de Tomiño, por iniciativa da Asociación de Vigueses no Baixo Miño, de recente constitución.
O acto foi moi animado e consistíu nun ágape, nos xardíns do Parque Infantil de Solleiro, non faltou como é lóxico, a bandeira oficial de Vigo, cedida polo Excmo. Concello de Vigo, para este fin.
Neste acto estivo presente o concelleiro de Benestar Social D. Pablo Baquero.
Deixa un comentario » |
Baixo Miño, Tomiño | Tagged: Baixo Miño, reconquista, vigueses |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho
14 - Abril - 2009
A Asociación de Empresarios da Guarda – ACIGU CCA – informa que o próximo Xoves día 16 de Abril terá lugar unha xornada informativa dedicada ao sector empresarial e especialmente aos traballadores autónomos.
Esta “ Xornada de Sensibilización Autónomos 2009 “ está organizada pola Federación de Autónomos de Galicia – FEAGA – e pola Federación de Autónomos de Pontevedra en colaboración con ACIGU CCA, a Federación Galega de Comercio e a Agrupación Provincial de Autónomos de Comercio de Pontevedra.
Ler o resto desta entrada »
Deixa un comentario » |
A Guarda | Tagged: A Guarda |
Ligazón permanente
Publicado por apeneiradobaixominho