Os escolares visitan o Monte Tetón de Tomiño

26 - Marzo - 2009

A Concellería de Turismo pretende dar a coñecer os petroglifos e sendeiros de valor medio ambiental

caminhata

Os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria dos centros de ensino de Tomiño visitarán nas vindeiras semanas o Ecoparque do Monte Tetón, logo de que a Concellería de Promoción Económica, Mocidade e Turismo, en colaboración coa Comunidade de Montes en Mancomún de Santa Mª de Tebra, rematase os traballos levados a cabo co fin de poñer en valor o patrimonio natural, paisaxístico e arqueolóxico do entorno.
As visitas comezaron o mércores pasado e se estenderán ata o día 13 de maio.
A actividade “pretende transmitir aos nenos e nenas do noso municipio uns valores medio ambientais, de uso do monte, e amosarlles un enclave de gran valor cultural e paisaxístico”, explicou o concelleiro responsable da área, Xaquín Villadangos.

Ler o resto desta entrada »


A quinta edición do Play-Doc consolida a este festival que logra case 8000 asistentes ás súas actividades

25 - Marzo - 2009

play-docA Concellería de Cultura do Concello de Tui quere amosar a súa felicitación pública aos organizadores da quinta edición do Festival Internacional de Documentais de Tui (Playdoc) celebrado a pasada semana na nosa cidade polo éxito acadado nesta nova edición.
Éxito da convocatoria máis de 600 películas enviadas ao festival de todos os puntos do planeta; éxito na selección das 31 películas presentadas nas proxeccións do festival e procedentes de países tan diversos como Xapón, Reino Unido, Eslovaquia, Irán, México, EE.UU, Lituania, Israel, China ou Polonia, e por suposto de Galicia, que este ano máis ca ningún outro, tivo unha ampla representación dentro do festival; éxito no número de espectadores que nunha nova edición ateigaron o Teatro Municipal de Tui chegando ata os case 6.000 espectadores ao longo das proxeccións, sen contar os participantes nos concerto ou os visitantes á exposición do artista iraniano Jamshid Aminfar o que permite falar de case 8.000 asistentes ás diversas actividades desenvolvidas ao abiero do Festival Internacional de Documentais de Tui na súa quinta edición.
Ler o resto desta entrada »


Aberta ata fin de mes a exposición de fotoxornalismo “Galicia en foco”

25 - Marzo - 2009

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata finais do presente mes de marzo a exposición de fotoxornalismo “Galicia en foco” que chega este ano a súa 19ª edición.
premio-galicia-en-foco-20082A exposición está organizada polo Club de Prensa de Ferrol coa colaboración da Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Tui. Esta exposición anual naceu en Ferrol en 1989 para a divulgación do traballo dos profesionais do fotoperiodismo galego, reivindicando o traballo dos fotógrafos de prensa. Este certamen ven avalado pola numerosa participación de reporteiros que cada ano se presentan á sua convocatoria.
Ler o resto desta entrada »


Tomiño emprende a limpeza de ríos e regatos co fin de poñer en valor o seu patrimonio medioambiental

24 - Marzo - 2009

regatos_tominoO goberno municipal do Concello de Tomiño solicitou á Confederación Hidrográfica del Miño-Sil a limpeza e acondicionamento de varios cursos fluviais do termino municipal co fin de poñer en valor este patrimonio medioambiental. A intervención comezouse hai dúas semanas no regato Margaridas, no barrio de Vilachán do Monte (parroquia de Barrantes), co propósito de favorecer o curso fluvial, e retirar os tapóns de terra e vexetación que existían no canle, e que producían desbordamento e outros problemas en épocas de chuvia.
Os traballos, visitados onte pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara, consisten na limpeza das marxes, a eliminación de especies vexetais invasoras, como silvas e xestas, e a plantación de salgueiros na beira do regato. Asemade, procedeuse ao dragado do canle e á retirada dos tapóns que a terra e a vexetación formaran no curso fluvial.

Ler o resto desta entrada »


Curso de Manipulador de Alimentos na Guarda

23 - Marzo - 2009

A Asociación de Empresarios da Guarda –ACIGU CCA- informa que proximamente impartirase unha nova edición do CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS que se imparte habitualmente nas nosas instalacións da R/ Agustín Nandín Lomba, 4 da Guarda.
Desde o día 23 de Marzo permanecerán as listas abertas para anotarse; para todos aqueles interesados poden facelo na nosa sede da rúa Agustín Nandín Lomba, 4 no teléfono 986 61 17 43 ou a través de correo electrónico en acigu@acigu.org.
Dende ACIGU CCA lembramos que este curso é GRATUÍTO para os nosos asociados.


O BNG denuncia as condicións hixiénicas do paseo marítimo A Guarda

22 - Marzo - 2009

O BNG solicita que se tomen as medidas oportunas para atallar esta situación de deterioro hixiénico e ambiental.
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no rexistro do Concello da Guarda denunciando as condicións de falta de hixiene no paseo marítimo.
A formación nacionalista faise eco das queixas de veciños e veciñas sobre a aparición de restos de comida depositados en diferentes lugares do paseo marítimo que son aproveitadas por gatos, ratas, gaivotas, …

Ler o resto desta entrada »


A Federación Galega e a Federación Provincial de Comercio entregaron no Rosal 19 certificacións de calidade.

22 - Marzo - 2009

A Federación Galega de Comercio e a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra entregaron no municipio do Rosal 19 certificados de calidade subvencionados pola Consellería de Industria e Comercio.
Presidiron o acto, o alcalde do Rosal, Jesús Fernández Portela, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, o Presidente da Federación Provincial de Comercio, Antonio Reguera Repiso, o Presidente da

Ler o resto desta entrada »


Aberta ao público a exposición dos traballos presentados ao concurso de carteis para as Festas de San Telmo 09

20 - Marzo - 2009

cartel-2009A zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle xa a exposición dos 22 traballos presentados ao concurso convocado pola Concellería de Cultura tudense, coa colaboración da Comisión de Festas, para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2009.
Abre a mostra o cartel gañador presentado pola deseñadora tudense Silvia Villaverde Miguez no que o xurado valorou “a súa innovación, calidade e adaptación á difusión de Tui e as sús festas”. No conxunto de obras presentadas salienta a súa alta calidade e creatividade que mereceron unha alta valoración por parte do xurado.
Ler o resto desta entrada »


As clases de pintura trasladáronse do Centro Social á antigua Escola de Simón del Mazo

19 - Marzo - 2009

clases-pinturaRecentemente as clases de pintura organizadas pola OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Rosal trasladáronse da aula do Centro Social Polivalente ao edificio municipal e antiga escola da rúa Simón del Mazo.
Dende 2003 estas clases están impartidas por Águeda Suárez Vicente, con grupos de entre 20 e 30 alumnos cada ano. No actual cursan 24 usuarios repartidos en tres grupos (dous o venres de tarde e un o sábado de mañá, hora e media á semana).
Ler o resto desta entrada »


Fulano, Mengano e Citano presentan a obra “ARTE” no auditorio de Goián

19 - Marzo - 2009

O sábado 21 de marzo, no Auditorio de Goián a partir das nove e media da noite, a compañía Fulano, Mengano e Citano, levará ao escenario a súa obra “Arte”.

arte

Ler o resto desta entrada »