Miles de persoas ateigaron as rúas de Tui

25 - Febreiro - 2009
“Indian Show” de Gondomar gañodores do primeiro premio

“Indian Show” de Gondomar gañadores do primeiro premio

Indian Show” de Gondomar gañou o primeiro premio en comparsas en Tui e Arde Troia de Rebordáns  levouse o primeiro premio en carrozas e Cantos Somos logrou o primeiro premio en acompañamento musical.

Máis de dez mil persoas ateigaron as rúas de Tui para disfrutar do multitudinario desfile de Entroido no que a comparsas de Gondomar “Indian Show” de Mañufe, Gondomar, cunha fantasía sobre a India cun elefante encabezando a comitiva, unha Shiva, e unha carroza do Taj Mahal, cunha ampla coreografía posta en escena por 76 persoas levouse o primeiro premio en comparsas. Ler o resto desta entrada »


O tudense Alberto Sereno será o pregoeiro das Festas de San Telmo 2009

24 - Febreiro - 2009

 O Concello de Tui ten designado ao tudense, Alberto Sereno Álvarez, director xeral do Instituto Xeográfico Nacional, como pregoeiro das Festas de San Telmo 2009. Nado na cidade no ano 1956 e pertencente a unha familia con amplas raigames tudenses, é licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense e funcionario do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado.

Ler o resto desta entrada »


O BNG felicita ao pobo da Guarda pola consecución das Festas do Monte como “festa de interese turístico”

24 - Febreiro - 2009

:: Os nacionalistas consideran fundamental a defensa do noso patrimonio cultural en todas as súas manifestacións e a súa promoción cara o exterior ::

A Consellaría de Innovación e Turismo, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, por medio da Dirección Xeral de Turismo vén de aprobar a declaración das Festas do Monte como “festa de interese turístico”, feito de suma importancia para o pobo da Guarda.

Ler o resto desta entrada »


A OMIX de Tomiño tivo un total de 2.414 consultas durante o ano pasado

24 - Febreiro - 2009

As actividades que se ofrecen son gratuítas na súa meirande parte e buscan dar unha alternativa diferente e útil aos mozos e mozas do municipio Tomiño, 20 de febreiro de 2009.- A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño (OMIX) tivo durante o ano 2008 un total de consultas de 2414, das que 1705 foron realizadas por mulleres e 709 por homes. Ler o resto desta entrada »


Tomiño continúa a incrementar a súa poboación

23 - Febreiro - 2009

aerea

 :: O INE publica erroneamente no seu “Nomenclátor 2008” a existencia no municipio de 18 pobos abandonados ::

O concello de Tomiño aumentou a súa poboación en 2.685 persoas nos últimos dez anos. Segundo os datos do Padrón Municipal, o municipio suma na actualidade (a data 31 de decembro de 2008) un total de 13.469 habitantes, dos cales 6783 son homes e 6686 mulleres.

Ler o resto desta entrada »


A Festa do Monte declarada festa de interese turístico

23 - Febreiro - 2009

 A concellería de Turismo da Guarda amosa a súa satisfacción polo paso dado cara á consecución da declaración da Festa do Monte como festa de interese turístico. A solicitude e o proxecto que se presentaron diante da Xunta o 19 de xuño do 2008 é froito do traballo entre á Comisión da Festa do Monte, comisión que leva traballando dende o 2000 pola celebración e realce destas festas, e a concellería de Turismo. A Festa do Monte resume as inquedanzas e o sentir do pobo guardés dende a súa orixe no 1913. Así na segunda semana de agosto a nosa vila énchese de actos culturais, deportivos, de festa e de encontro entre veciños, familiares e amigos converténdose nunha semana chea de ledicia e de disfrute colectivo. Tralo informe positivo da Consellería de Innovación e Industria unicamente falta que a solicitude sexa remitida ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Queremos dende o grupo de goberno das as gracias a todos aqueles homes e mulleres que integraron as distintas comisións. Sen o seu esforzo e o da cidadanía guardesa non sería posible acadar agora a distinción de festa de interés turístico.

 

 


A Concellería de Mocidade participa no programa de lecer e tempo libre “Primavera activa”

6 - Febreiro - 2009

Portada da web

Portada da web

 

A iniciativa ten coma destinatarios a mozos e mozas de entre dezaoito e trinta  e cinco anos, que poderán aloxarse en casas de turismo rural

 A Concellería de Mocidade do Concello de Tomiño, ofrece a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a posibilidade de participar no programa de lecer e tempo libre “Primavera Activa”, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, e a Dirección Xeral de Turismo – TURGALICIA. Ler o resto desta entrada »